REVISTA ABRIL

Fernando Sánchez Cuarteto + Jam Session

03xan21:00Fernando Sánchez Cuarteto + Jam SessionCONCERTOS | 7,00€21:00(GMT+01:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

A jam da Casa de Arriba ten como protagonistas aos membros do cuarteto de Fernando Sánchez. O saxofonista redondelano conta para esta data coa participación do pianista Xan Campos e David Puime á batería. Aínda se descoñece o nome do contrabaixista.

Fernando Sánchez é un saxofonista, multi instrumentista e compositor. Nado en Redondela en 1985, comeza os estudos
de piano e saxofón á idade de 9 anos. Despois de estudar saxofón clásico no Conservatorio Superior de Música de Vigo, trasládase a Portugal á idade de 22 anos para estudar a Licenciatura em Música, Variante de Jazz na Escola
Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto. Tras graduarse coas máximas calificacións, múdase á cidade de Amsterdam para realizar un posgrao no prestixioso Conservatorium van Amsterdam, onde estuda con Ferdinand Povel, Jasper Blom e Joris Roelofs.

Dende entón, reside nos Países Baixos, onde actúa con diferentes formacións propias e tamén colabora con bandas como a Jazz Orchestra of the Concertgebouw, The BvR Flamenco Big Band, Pol Belardi Urban Voyage, Pablo Martínez Group, Atlantic Jazz Ensemble, Orquesta de Jazz del Atlántico, Eleonora Strino Quartet, New Cool Collective, Joëlle Goldman Big Band, Giuseppe Campisi, entre outros.

Actuou en festivais internacionais como o North Sea Jazz Festival (NL), London Jazz Festival (UK), Music Under the Summer Air (Shanghai, CN), Saarbrücker Jazz Festival (DE), Like a Jazz Machine (LU), Flamenco Biënnale (NL), International Duke Ellington Conference,Südtirol Jazz Festival Alto Adige (IT), Gentse Feesten (BE), Braga Jazz Festival (PT), Festa do Jazz do São Luiz (PT), Festival Porta-Jazz (PT), Amersfoort Jazz Festival (NL), etc.

Gañou o concurso Keep an Eye Foundation “The Records” en dúas ocasións, coas bandas Urban Voyage e BvR Flamenco Big Band, tamén o premio ao mellor solista na Festa do Jazz 2009, así como o segundo
premio no concurso Jovens Músicos, organizado pola RTP portuguesa.

Durante estes anos ten tocado con artistas como os galardoados con tres premios Grammy The Temptations , os gañadores de dous premios Grammy The Four Tops, , Madeline Bell, Benjamin Herman, Eric Ineke, Dennis Mackrel, Dick Oatts, Jose James, Terrell Stafford, Orquestra Jazz Matosinhos, Nuno Ferreira,Jerry González, ou a representate dos Paises Baixos en Eurovision e artista de Blue Note Records Trintje Oosterhuis, entre moitos outros.

Despois do concerto terá lugar a primeira jam session do ano.

Martes 3 ás 21:00

Máis

Hora

(Martes) 21:00(GMT+01:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events