Feira do Océano
Detalles do eventos
O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Bouzas, celebrará o próximo 8 de xuño o Día Mundial do Océano coa primeira edición da Feira do Océano, unha feira de divulgación científica onde o
Detalles do eventos
O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Bouzas, celebrará o próximo 8 de xuño o Día Mundial do Océano coa primeira edición da Feira do Océano, unha feira de divulgación científica onde o IIM-CSIC sae a rúa para atoparse coa veciñanza de Bouzas e os arredores.
No evento, o publico poderá achegarse as carpas onde o persoal do IIM amosará o seu traballo con exposicións, obradoiros, actividades, e unha serie de sorpresas que farán que calquera persoa, de calquera idade, poda achegarse un pouco máis a como vemos, dende a ciencia, todo o que rodea ao océano.
Ademais, contaremos cun invitado de honra, xa que Rogelio Santos Queiruga (@QueirugaRogelio), mariñeiro, pescador e divulgador en redes nos acompañará toda a xornada para darnos a súa perspectiva sobre o consumo responsable e a sostibilidade dende a carpa do proxecto SeaFood Age (Interreg Atlantic Area).
Obradoiros
A maioría presentes durante a mañá e a tarde. Algúns poden alternarse.
- Elixe unha alimentación intelixente con SeafoodAge e Rogelio Santos Queiruga
- A actividade mostrará varios dos resultados do proxecto dende o mar á mesa: a produción de ingredientes e alimentos de orixe mariña utilizando conceptos de economía circular, o uso de técnicas baseadas en ADN para a identificación de ingredientes ou unha etiqueta intelixente que permite monitorizar a calidade de alimentos ao longo da cadea. E algunha sorpresa máis.
- Co proxecto SeaFoodAge (Interreg Atlantic Area) e o pescador e divulgador, Rogelio Santos Queiruga!
- Leituga de mar: unha alga cosmopolita ao rescate da acuicultura.
- No obradoiro, as algas do xénero Ulva serán as protagonistas! Vaise falar sobre as aplicacións en acuicultura destas algas tan cosmopolitas. En Galicia atópanse nas praias algunhas especies: Ulva rigida e australis. E ainda que son responsables de fenómenos de eutrofización, causando danos ao ecosistema e afectando as praias, tamén posúen un grande potencial económico en moitas industrias, dende a saúde e alimentación ata a produción de bioplásticos e enerxía.
- Co proxecto ULVAQUO (MINCIU).
- Cantos superpoderes do mexillón coñeces?
- Super-adherencia, super-resistencia, super-alimento e moitos máis segredos agochados dentro dos mexillóns que estamos acostumados a ver nas nosas costas, nas nosas praias e nas nosas bateas. Neste taller vanse comentar algúns destes aspectos, e incluso os probaremos en directo!
- Co proxecto STRAUSS (MICIN e AEI)
- Manifesto océano!
- Colabora na realización de experimentos relacionados co movemento das masas de auga no océano, que permitirán entender a circulación global oceánica e as correntes mariñas nas nosas rías. Así mesmo, poderán coñecer as diferentes tarefas que desenvolven neste grupo de investigación (campañas oceanográficas, análises de laboratorio, etc.) cunha exposición fotográfica.
- Coa participación do proxecto “Manifesto Océano” e o grupo de Procesos Oceánicos en Cambio Global.
Exposicións
- E que rico sabe o mar!
- Contaremos cunha exposición permanente durante toda a xornada na que todos os visitantes poderán ler o novo cómics do IIM-CSIC: “E que rico sabe o mar!”. Segue as aventuras de Javi, Aldara e Helena nesta iniciativa e financiada pola Fundación General CSIC no marco da convocatoria CuentaLaCiencia. A historia levaráche polo camiño dos alimentos de orixe mariña procedentes da pesca e da acuicultura, e ten como fío condutor a investigación desenvolvida desde no eido do estudo dos procesos biolóxicos e a tecnoloxía de alimentos do IIM-CSIC.
Encontro con Rogelio Queiruga
- [Na actividade de SeaFood Age] O coñecido mariñeiro Rogelio Santos Queiruga estará, todo o día presente na nosa feira, dentro da actividade desenvolvida polo proxecto SeaFood Age. Non o perdas e ven ver todo o que ten que contar sobre pesca, ciencia e sostibilidade! Rogelio leva 27 anos, dos seus 45, traballando como mariñeiro, pescador e divulgador #EnGalego dos valores mariñeiros e da pesca. Promotor da sostibilidade, a ciencia, e o consumo responsable como chaves para un futuro mellor.
Máis
Hora
8 xuño, 2022 10:00 - 19:30(GMT+02:00)
Localización
Pérgola de Bouzas
Unnamed Road, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes