Gozo Fest

Feira do libro

01xul11:0007(xul 7)21:00Feira do libroFESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00 - 21:00 (7)(GMT+02:00) Praza Compostela

Detalles do eventos

PREME AQUÍ PARA CONSULTAR TODA A PROGRAMACIÓN

De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00

A esperada Feira do Libro de Vigo 2024 volverá celebrarse na Praza de Compostela, lugar preferido por lectores e libreiros. Do 1 ao 7 de xullo, os asistentes poderán gozar dunha ampla programación que inclúe presentacións de libros, espectáculos infantís e actividades culturais para todas as idades.
 
O evento comezará o luns 1 de xullo co pregón a cargo do recoñecida poeta María Lado ás 12:00. Ao longo da semana, poderanse gozar de diversas actividades como o espectáculo infantil Son Animal de Paco Nogueiras, a presentación do libro O cabronario e o recital musical de Rosalía Fernández Rial.

Un dos momentos máis esperados será o mércores 3 de xullo ás 19:15, coa entrevista da xornalista Tamara Novoa, directora de A Movida, a Ledicia Costas sobre o seu exitoso libro Pel de cordeiro. O mesmo día, ás 20:15 horas, as autoras Abril Camiño, Lara Serodio e María Nieto conversarán sobre “Mujeres escritas por Mujeres” nas charlas patrocinadas por Cafés Candelas.  Ademais, o venres 5 de xullo ás 19:30, María Reimóndez ofrecerá unha experiencia inmersiva no universo de Furia.

A feira finalizará o domingo 7 de xullo cunha conversa arredor da Pequena Historia de Vigo coa participación do autor Pedro Feijoo e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ás 12:30.

Outras actividades destacadas

Luns 1 ás 17:30 – Sinatura de María Xosé Porteiro na caseta de Librouro
Luns 1 ás 20:00 – Presentación de O cabronario
Martes 2 ás 19:30 – Sinatura de Antón Reixa na caseta de Cartabón
Martes 2 ás 19:30 – Presentación de Luz. A historia non contada de Jessie Owens e Luz Long de Francisco Castro
Mércores 3 ás 18:30 – Espectáculo infantil Os contos de Violeta de Bea Campos
Mércores 3 ás 20:00 – Presentación As bicicletas si son para Galicia
Xoves 4 ás 20:00 – Presentación de Pequena historia de O Castro de Vigo de José Manuel Hidalgo
Xoves 4 ás 18:30 – Sinatura de Ledicia Costas na caseta de Cartabón (tamén o luns 1)
Venres 5 ás 19:15 – Presentación Labirinto de Ramón Trigo
Venres 5 ás 20:15 – Presentación de 4 Oubiña, de Iago Solleiro
Sábado 6 ás 19:15 – Man a man poético entre Samuel Merino e Silvia Penas
Sábado 6 ás 18:30 – Sinatura de Pedro Feijoo na caseta de Cartabón
Domingo 7 ás 18:30 – Espectáculo infantil O violino de Luisa de Oviravai
Domingo 7 ás 18:30 – Sinatura María Reimóndez na caseta de Cartabón

Triplícase o orzamento

Hai unhas semanas o Concello de Vigo anunciou que, ademais de mudar a ubicación da feira “para sempre” á Alameda, triplicaría o orzamento desta, ascendendo a 15.000€. Isto implica que, ata agora, a aportación municipal era só de 5000€ para o principal evento literario de Vigo, que ten unha semana de duración. Outro concellos, como Pontevedra ou Santiago de Compostela, organizan os seus propios festivais literarios, como é o caso da Festa dos Libors e a SELIC, respectivamente.

Máis

Hora

1 xullo, 2024 11:00 - 7 xullo, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

Praza Compostela

Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra

Other Events