banneraQUALIA
bannerCulturgal

15mai20:00FariñaESPECTÁCULOS | 15,00€20:00 Teatro Afundación

Fariña

A exitosa obra de teatro baseada no libro de Nacho Carretero estará os días 14 e 15 de maio no Teatro Afundación de Vigo. Logo de ano e medio de xira por España, o espectáculo regresou a Galicia esta primavera acumulando máis de 10.000 espectadores nesta segunda xira galega. Fariña chega de novo a Vigo con Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, César Goldi, Marta Lado e Graciela Carlos. O Teatro Afundación acollerá a representación da obra dirixida por Tito Asorey os días 14 e 15 de maio con varias funcións programadas. Ao longo da hora e media, Fariña non deixa que o espectador se acomode na butaca. Unha montaxe de gran formato que acumula case 200 funcións e máis de 65.000 espectadores por toda España e que recibiu ademais o respaldo da crítica. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da nosa historia, desde un punto de vista único. A música, o humor, a tradición e o respecto aos feitos acontecidos mestúranse nesta viaxe no tempo que incita á reflexión do espectador ao saír do teatro. Fariña é unha produción de Ainé escrita por José L. Prieto sobre o texto de Nacho Carretero. Dirixida por Tito Asorey, conta coa escenografía de José Faro, ‘Coti’ e o deseño de iluminación de Laura Iturralde.

SESIÓNS

14 maio 2022 – 18 h. e 21 h.

15 maio 2022 – 20 h.

Máis

X