REVISTA ABRIL

Faladoiro sobre Cristina Peri Rossi

08xuñ19:00Faladoiro sobre Cristina Peri RossiACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

O premio Cervantes 2021 recaeu na escritora uruguaia Cristina Peri Rossi (Montevideo, 1941), exiliada do seu país en 1972 e residente desde hai décadas en Barcelona. O xurado da edición 2021 outorgoulle o premio a Peri Rossi por “recoñecer nela a traxectoria dunha das grandes vocacións literarias do noso tempo e a envergadura dunha escritora capaz de plasmar o seu talento literario nunha pluralidade de xéneros”. Ademais, engaden que “a literatura de Peri Rossi é un exercicio constante de exploración e crítica, sen eludir o valor da palabra como expresión dun compromiso con temas craves da conversación contemporánea como a condición da muller e a sexualidade”. Cristina Peri Rossi é a sexta muller que recibe o Premio Cervantes nos 41 anos de historia do maior galardón das letras españolas. Ma Xesús Fariña , doutora en filoloxía, é autora do libro Erotismo, transgresión y exilio: las voces de Cristina Peri Rossi (Universidad de Sevilla, 2017)

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events