REVISTA ABRIL

Faladoiro con María Reimondez

15xuñ19:30Faladoiro con María ReimondezACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Dentro do Programa do Orgullo Crítico LGTBI Vigo, a Asociación Nós Mesmas xunto coa Asociación Mulleres e Palabras, organizan o Faladoiro con María Reimondez en torno ao seu libro “Cobiza”, 1º premio literario Pinto e Maragota.

Elixir este libro como un dos actos protagonistas do Orgullo Crítico LGTBI+ 2021 foi un acto premeditado, feito a conciencia e con moita satisfacción persoal. Este acto está organizado pola Asociación Nós Mesmas e a Asociación Mulleres e Palabras e convidamos a quen queira participar a que se achegue ao MARCO o vindeiro 15 de xuño, ás 19:30h. As prazas serán limitadas ata completar aforo.

Máis