
Faladoiro: 'As redes de axuda de mulleres na guerra civil e na segunda guerra mundial'
Detalles do eventos
O Centro de Documentación e Recursos Feministas, organiza dentro das súas actividades presenciais, un faladoiro a cargo de Eva Mejuto sobre ‘As redes de axuda de mulleres na
Detalles do eventos
O Centro de Documentación e Recursos Feministas, organiza dentro das súas actividades presenciais, un faladoiro a cargo de Eva Mejuto sobre ‘As redes de axuda de mulleres na guerra civil e na segunda guerra mundial: as lavandeiras de San Simón e as Irmásn Touza’.
Será o xoves 21 de abril ás 19h.
Relegadas ao ámbito do doméstico,sen voz nin voto, moitas mulleres aproveitaron ser invisibles para teceren redes de axuda e loitaren,en silencio, pola liberdade.A literatura serve tamén para encher os ocos que foi deixando a historia oficial. Deste xeito, a través das novelas A lavandeira de San Simón (Xerais, 2020) e Memoria do Silencio (Xerais, 2019), a súa autora, Eva Mejuto, achegarase á figura das “lavandeiras” ou “madriñas”, as mulleres que lavaban a roupa aos presos da illa de San Simón, campo de concentración durante a Guerra Civil, e ás irmás Touza de Ribadavia, que salvaron a vida de máis de 500 xudeus durante a II Guerra Mundial.
Máis
Hora
21 abril, 2022 19:00(GMT+01:00)
Localización
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra