REVISTA ABRIL

Faladoiro 'A síndrome da impostora'

08feb19:00Faladoiro 'A síndrome da impostora'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

FALADOIRO ‘A síndrome da impostora ou por que as mulleres non saen na foto‘ por Ariana Fernández Palomo (farmacéutica e investigadora en Comunicación na USC)

Cal é a razón pola que as mulleres non se auto perciben como válidas para propoñerse na promoción nun posto de traballo no que se require liderado? por que a maioría senten que nonmerecen o éxito? Hai varios factores que podencontribuír a que as mulleres sintan máis a miúdo que os homes que son unha fraude e perciban esa sensacióncoñecida como síndrome da impostora.

A razón fundamental é que, desde hai máis de 2000 anos, a sociedade ten expectativas diferentes para as mulleres e os homes, en termos de liderado e éxito, o que afectou á forma en que as mulleres se perciben a si mesmas e como son percibidas polos demais. Un estudo de Harvard Business Review atopou que as mulleres, a miúdo, se senten máis presionadas que os homes para demostrar que son competentes. A autoavaliación diferencial tamén xoga un rol importante. Algúns estudos atoparon que as mulleres tenden a minimizar os seus logros e a esaxerar os seus fallos, mentres que os homes tenden a facer o contrario. A feminidade é sobre todo unha construción cultural e esa é a herdanza na que se construíron as mulleres, co que creceron. Ser muller asóciase con valores como a discreción, o predominio do emocional sobre a lóxica racional e, sobre todo, o altruísmo sen ambicións de recoñecemento. Esa forma de estar no mundo condiciona ás mulleres, dá sentido á súa identidade e provoca, inconscientemente, que moitas, ao ostentar un papel protagonista teñan esa sensación de impostura, xa que, desde temperá idade, ensinóuselles a ser modestas e a non chamar a atención sobre os seus logros. Por iso, séntense impostoras, por ter que combater continuamente con esa sensación de non merecer o éxito.

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events