REVISTA ABRIL

'Me llaman calle' de Jorge Lens

08mar(mar 8)10:3027abr(abr 27)20:30'Me llaman calle' de Jorge LensARTE E MUSEOS | De balde(marzo 8) 10:30 - (abril 27) 20:30(GMT+01:00) Galería Sargadelos

Detalles do eventos

A exposición do autor Jorge Lens (Vigo, 1967) é unha selección representativa dos últimos anos de traballo deste fotógrafo vigués.

Desde o ano 2016, en que Lens comezou a serie City Blues en diversas capitais europeas, o fotógrafo percorreu un bo número de países para documentar a esencia das súas rúas, centrándose máis nas pequenas historias e nas rutinas cotiás que nas arquitecturas ou acontecementos extraordinarios. Froito de todo iso é esta mostra de fotografías que combina unha selección do traballo inicial realizado en Europa xunto con algunhas fotos das súas viaxes posteriores polas capitais centroamericanas (2018-2020) e un apuntamento das últimas fotografías máis recentes a través de diversos países.

Do 8 de marzo ao 27 de abril de 2024

De luns a sábado de 10:30–13:30, 16:30–20:30

Máis

Hora

Marzo 8 (Venres) 10:30 - Abril 27 (Sábado) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Galería Sargadelos

Rúa de Urzáiz, 17, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events