CAMELIAS

Exposición Lou Stripes

04xul(xul 4)10:0031(xul 31)19:00Exposición Lou StripesARTE E MUSEOS | De balde10:00 - 19:00 (31)(GMT+02:00) A Casa Rodante

Detalles do eventos

A exposición recolle diversas obras realizadas pola artista viguesa entre as que destacan controvertidos cadros, cheos de cor e simbolismo e viñetas divertidas, con certo carácter político e de denuncia social.

Lou Stripes -pseudónimo artístico de Lucía Salgueiro- é unha viñetista cun estilo surrealista e colorido que contrasta coa mensaxe dos seus debuxos; emprega esta combinación para contar con humor e ironía temas que a inquedan. Con experiencia en deseños para portadas de discos, tatuaxes, revistas, carteis e varias exposicións ás súas costas – realizadas en Vigo e Madrid- publica periódicamente viñetas na revista cultural “Visceral” e fai ademáis colaboracións con outros periódicos e revistas.

O seu gusto por realizar colaboracións con outros artistas lévaa agora ao Espazo Rodante, lugar onde estarán dispoñibles as súas obras, dende o xoves, 04 de xullo a partir das 19:00h –momento no que terá lugar a inauguración- e durante todo o mes de xullo. Poderedes atopar as súas creacións en horario de luns a venres, entre as 10:00 e as 14:00 e as 16:00 e 19:00 horas.

Máis

Hora

4 xullo, 2024 10:00 - 31 xullo, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

A Casa Rodante

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events