REVISTA ABRIL

Exponential session con Rufo de la Rosa

13mai18:00Exponential session con Rufo de la RosaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

IESIDE presenta a súa exponential session con Rufo de la Rosa no marco das actividades desenvolvidas polo instituto de educación superior en torno ao seu Exponential MBA, o único máster de todos os ofertados polas instituciones universitarias españolas que combina a programación propia dun MBA coa aplicación de tecnoloxías exponenciais.

Nas exponential sessions, de acceso aberto, abórdanse a innovación e as tecnoloxías exponenciais aplicadas no mundo da empresa, tal e como se exploran no Exponential MBA de IESIDE. Durante esta sesión, aprenderase como unha gran empresa tecnolóxica afronta a innovación para estar á vangarda en tecnoloxía e ofrecer produtos que utilizan millóns de persoas ao ano. No relatorio, veranse os distintos mecanismos cos que fomenta a innovación dentro da empresa, así como as súas ferramentas para identificar innovación fóra dela. Todo será ilustrado con exemplos reais de éxito e fracaso que permitiron a Google ser a empresa que é a día de hoxe.
Na última parte da sesión, o público terá a ocasión de coñecer de primeira man a experiencia de crear unha empresa desde a carreira. Un emprendedor compartirá a súa viaxe desde que tivo a idea ata o día de hoxe, que conta cun amplo persoal de empregados, unha facturación que crece cada ano e inmerso nunha ambiciosa expansión internacional.

Rufo de la Rosa é parte do equipo de Google for Startups e responsable do Google Campus en Madrid desde a súa apertura en 2014. Google Campus é un espazo para emprendedores que De la Rosa lanzou desde cero e a día de hoxe ten máis de 40 000 integrantes, onde se celebraron máis de 2000 eventos e se aceleraron máis de 400 empresas. Ademais da anterior experiencia, en 2019 traballou en Asia no lanzamento de Campus Tokio e no Google Developer Space de Singapur.
Desde o punto de vista académico, Rufo de la Rosa é licenciado en Dereito, diplomado en C.C. Empresariais, MBA pola Hong Kong University of Science Technology e, máis recentemente, completou un programa de Global Leadership pola Harvard University así como unha formación de Innovation and Entrepreneurship polo Massachusetts Institute of Technology.

O encontro terá lugar a través do seu campus virtual o xoves 13 de maio ás 18:00. A inscrición, libre e gratuíta, pódese formalizar desde esta ligazón.

Máis

Hora

(Xoves) 18:00(GMT+02:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!