REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

Experiencia Starlight

13ago23:00Experiencia StarlightACTIVIDADES PARA O COCO| Prezos varios23:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Os días 12, 13 e 14 de agosto, a choiva de meteoros coñecida como Perseidas ou ‘Bágoas de San Lorenzo’ chegará ao seu punto de máxima intensidade e a Navieira Mar de Ons vai poñer en marcha un servizo especial para poder contemplar este fenómeno astronómico desde o mar. Os pasaxeiros que se sumen á expedición terán a oportunidade de gozar a bordo da explicación dun guía, experto na materia, que os acompañará durante a viaxe. A embarcación poñerá rumbo cara a augas do Parque Nacional para buscar esa perspectiva privilexiada afastada das luces da cidade. O servizo especial para observar a choiva de estrelas contará con saídas os dous días desde o porto de Cangas ás 22:30 horas e desde Vigo ás 23:00 horas e contará cunha duración aproximada de tres horas.

Máis

Hora

(Venres) 23:00(GMT+02:00)