ASNEVES
REVISTA MAIO

Eurovision PetardPop Party: Nicki French

27abr22:00Eurovision PetardPop Party: Nicki FrenchCONCERTOS | 13,00€22:00(GMT+02:00) Plaff

Detalles do eventos

O Plaff! do casco lanuxe, moi coñecido polas súas festas temáticas eurovisivas, celebra unha nova edición previa ao festival que se celebrará en Malmö. A cita, ineludible para os eurofans galegos celebrarase o vindeiro sábado 27 de abril e contará neste caso cun auténtico bombazo: a actuación da representante do Reino Unido no ano 2000, a conocidísima Nicki French.

A artista saltou á fama mundial no ano 1995 coa versión dance da “Total eclipse on the heart” anterior éxito de Bonnie Tyler, que chegou ao número 1 en Australia, Xapón, Brasil, Israel, España, Holanda e Canadá, ao 2 no Reino Unido e ao 5 en Estados Unidos.

Tras numerosas xiras, no ano 2000 representou ao seu país no festival de Eurovisión coa canción “Don’t play that song again” que a pesar de quedar no posto 16, volveu facer moi popular en numerosos países, e a día de hoxe segue sendo unha cantante moi lembrada polos eurofans.

Desde entón participou como cantante e presentadora en innumerables programas da BBC, seguiu gravando temas de estudo e nos últimos anos foi moi popular a súa participación en musicais de éxito como Annie, A bela e a besta, O mago de Oz, Menopause o Musical, A bela dormente, Cincenta etc.

Nicki French chega ao Plaff á famosa Eurovision PetardPop Party, única en todo o noroeste peninsular, na cal deleitará a todos os fans cunha actuación que promete emocións e diversión a partes iguais e ademais participará no photocall e compartirá un bo intre co público asistente. Unha cita única e exclusiva para todos os eurofans!

As portas abriranse ás 22:00h e as entradas venderanse alí mesmo ata completar aforo, ao prezo de 13€ incluíndo consumición. A actuación está prevista para as 23:30 e tanto no previo como no post, haberá unha videosesión con todos os éxitos da enorme historia do famoso festival.

Máis

Hora

(Sábado) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Plaff

Rúa Oliva, 8, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events