
03mai20:00'Escola de mulleres' De Inma López SilvaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Librouro
Detalles do eventos
Inma López Silva presenta o seu libro ‘Escola de mulleres‘ este mércores 3 ás 20:00h na libraría Librouro. ‘Escola de mulleres’ é unha novela sobre unha fuxida.
'Escola de mulleres' De Inma López Silva
Inma López Silva presenta o seu libro ‘Escola de mulleres‘ este mércores 3 ás 20:00h na libraría Librouro. ‘Escola de mulleres’ é unha novela sobre unha fuxida. A súa protagonista foxe da dor, da perda, dunha realidade incerta, da gaiola de ouro que os homes queren construír para pechala e admirala, da opresiva camisa de forza das convencións sociais. E para acadalo emprega a ironía e o seu propio corpo como armas, como camiño cara a unha redención que sospeita imposible. E así a súa pel e a súa mente convértense nun lenzo que, devagar, vaise esgazando polas unllas dos demais, sempre os demais, emerxendo baixo o estigma da loucura ou, quizais, da clarividencia.
Unha novela que nos cuestiona sobre os límites. Da liberdade ou da moral. E, de fondo, como paisaxe idílica ou inferno, as voces doutras mulleres, María, Zelda e Simone, que, entre disputas e risas, a comprenden, a xulgan e a compadecen, mentres unha nena constrúe sobre o chan castelos con bloques de cores.
Na presentación estará acompañada De Francisco Castro e Rexina Vega.
Máis

(Mércores) 20:00
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra