
ERIS MACKENZIE
15mar21:30ERIS MACKENZIECONCERTOS | Desde 10,00 €21:30(GMT+01:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
A Sala Rebullón acolle un concerto de Eris MacKenzie, o proxecto en solitario de Carlos Eirís que fusiona a electrónica con sons tradicionais. MacKenzie presenta o seu primeiro
Detalles do eventos
A Sala Rebullón acolle un concerto de Eris MacKenzie, o proxecto en solitario de Carlos Eirís que fusiona a electrónica con sons tradicionais. MacKenzie presenta o seu primeiro disco, Meu Ceu, cantigas industriais e brutalismo emocional, ademais de versionar clásicos do pop español, levados ao galego e reinterpretados. O acompañan outros músicos como Paula Espada, Serxio Castro, David e Mare, co fin de converter a actuación nunha experiencia inmersiva onde son, imaxe e emocións fusiónanse.
A súa particular interpretación da música electrónica da década dos noventa e os sons tradicionais galegos está a recibir o aplauso do público, esgotando entradas na Mardi Gras da Coruña, a súa cidade natal. O seu primeiro sinxelo é O lavadoiro (podes velo aquí), un tema que resume á perfección a esencia do proxecto, a sensibilidade da música tradicional que evoluciona á intensidade da electrónica.
Máis
Hora
15 marzo, 2025 21:30(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
- Mes actual