ASNEVES
REVISTA MAIO

Érguete e corre

11dec11:00Érguete e correACTIVIDADES DEPORTIVAS | 10,00 €11:00(GMT+01:00) CC Vialia

Detalles do eventos

A Asociación Érguete organiza a carreira popular Érguete e Corre o día 11 de decembro de 2022 na cidade de Vigo, con saída e meta na cuberta do Centro Comercial de Vialia Vigo. A carreira terá un percorrido de 5 kms ao que os participantes darán 1 ou 2 voltas en función da categoría e modalidade na que participen.

A proba conta con 4 modalidades:
-Carreira Érguete peques (10h)
-Carreira de 10km cronometrada (11h)
-Carreira de 5 km cronometrada (11h)
-Érguete en bicicleta,1 volta ao circuíto de 5 km (10:30h)

PERCORRIDO: Centro Comercial Vialia > Vía Norte > Párroco José Otero > Levante > Travesía de Vigo > Bos aires > Mimosa > Vía Verde > Centro Comercial Vialia

Esta probra pecha o circuíto deportivo Run Run 2022 e os ingresos irán destinados a potenciar a actividade Movendo camiños, iniciativa de fomento do deporte como rutina contra as adiccións.

Inscricións ata o xoves día 8 a través de magmasports.es

Máis

Hora

(Domingo) 11:00(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events