
Entroido en Bouzas
01mar17:00Entroido en BouzasAS NOSAS FESTAS | De balde17:00(GMT+01:00) Alameda de Bouzas
Detalles do eventos
A Asociación cultural da vila de Bouzas celebra unha festa de Entroido na alameda de Bouzas o sábado 1 de marzo a partir das 17:00 h. A Asociación tamén
Detalles do eventos
A Asociación cultural da vila de Bouzas celebra unha festa de Entroido na alameda de Bouzas o sábado 1 de marzo a partir das 17:00 h. A Asociación tamén organiza o Enterro da Rincha o domingo 9 de marzo ás 17:00 h. Xa é a 9ª edición do Entroido en Bouzas, que a Cultural rescatou para as rúas da nosa vila no ano 2016. Neste artigo falamos sobre a vida e historia do barrio.
O sábado de Entroido contaremos coa actuación en directo do grupo Sehiba; o seu concerto comenzará ás 18:00 h desde o placo da Alameda de Bouzas e está pensado para todas as idades.
O seguinte domingo, o día 9 de marzo, ás 17:00 comenza o velorio do Enterro da Rincha tamén na alameda. Amenizará o evento a batucada Lenha Verde. O enterro sae ás 17:30 h desde a alameda e percorre o casco vello de Bouzas, parando na praia do Adro para dar lectura ao seu satírico e reivindicativo testamento e finalmente, acompañaremos á Rincha e á Rinchiña ata o peirao de embarcacións artesanais. Alí, despedímonos delas, na súa derradeira viaxe cara ao mar.
Máis
Hora
1 marzo, 2025 17:00(GMT+01:00)
Localización
Alameda de Bouzas
Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra
- Mes actual