O evento xa tivo lugar!
Encontro 'EM Compañía de mis fisioterapeutas'
Detalles do eventos
A Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) celebra o seu 25 aniversario. Por este motivo organiza o encontro online ‘EM Compañía dos meus fisioterapeutas’, no que
Detalles do eventos
A Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) celebra o seu 25 aniversario. Por este motivo organiza o encontro online ‘EM Compañía dos meus fisioterapeutas’, no que catro fisioterapeutas que exerceron o seu labor profesional en AVEMPO, en diferentes momentos da historia da asociación, compartirán a súa experiencia no tratamento da Esclerose Múltiple.
Analizaranse temas tan relevantes como a importancia de ofrecer fisioterapia desde as asociacións de pacientes e do seu mantemento como servizo indispensable na abordaxe da Esclerose Múltiple, a necesidade dunha atención personalizada a cada paciente, o carácter preventivo da fisioterapia na Esclerose Múltiple ou, mesmo, o papel que xogan as emocións, tanto desde o punto de vista do profesional como do paciente.
O evento celebrarase o martes 20 de abril ás 19:30 e poderase seguir en directo de forma gratuíta, a través da conta de Facebook da asociación ou en Zoom a través do link que a entidade publicará nas súas diferentes redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).
Máis
Hora
20 abril, 2021 19:30(GMT+01:00)
Detalles do evento virtual
RUN
Hoxe móvese
Séguenos nas redes