REVISTA ABRIL

Terrazas literarias: Amara Castro, Javier Marcos Trío e María Reimondez

02set19:30Terrazas literarias: Amara Castro, Javier Marcos Trío e María ReimondezACTIVIDADES PARA O COCO| De balde19:30(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

A biblioteca Xosé Neira Vilas celebra no mes de setembro un ciclo de encontros culturais na súa terraza. Na programación atopamos ás escritoras Amara Castro e María Reimondez e o trío de jazz encabezado por Javier Marcos.

O aforo será limitado, e a inscrición pode facerse a partir do 19 de agosto ás 10:30 horas de maneira presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou be a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuita e as prazas cóbrense por orden de inscrición.

Xoves 2 de setembro ás 19.30 horas – Encontro coa escritora Amara Castro Cid

Amara Castro Cid (Vigo, 1975) é licenciada en Xornalismo pola Universidade Pontificia de Salamanca e máster en Linguas Aplicadas pola Universidade de Évora, en Portugal. A súa experiencia profesional conxuga a docencia, a tradución e o xornalismo. Autopublicou a súa primeira novela, Con esto y un bizcocho, que recibiu o Premio Círculo Rojo. El tiempo suficiente é súa segunda obra, e ao igual que a anterior, forma parte do Mapa Literario de Vigo.

Luns 6 de setembro ás 19:30 – Concerto de Jarvier Marcos Trío

Javier Marcos é unha das figuras máis destacadas do jazz feito en Galicia, cunha voz moi persoal que pode pasar por un crooner clásico ou abordar o cool jazz máis intimista. Dende 2012 lidera o seu propio trío con Felipe Villar na guitarra e José Manuel Díaz no contrabaixo. Un trío inspirado polo de Chet Baker, unha formación moi íntima e delicada que se axusta perfectamente ao estilo de Javier Marcos.

Xoves 9 de setembro ás 19:30 – Encontro coa escritora María Reimóndez

María Reimóndez (Lugo, 1975) ademais de escritora é tradutora e intérprete de profesión, destacando tamén a súa faceta como activista no campo da cooperación ao desenvolvemento, o feminismo ou a defensa da lingua galega. Como escritora abordou con éxito distintos xéneros literarios, como a narrativa, a poesía ou o ensaio, colleitando numerosos premios en todos eles: o último, o Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero do Concello de Pontevedra por Cobiza (Xerais 2021). Ademais, ten publicados numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil, eido no que goza tamén de gran recoñecemento, e conta cunha longa carreira como tradutora literaria.

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events