REVISTA ABRIL

EM.NA

27mar20:00EM.NAESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

“Onde comeza o noso toque, estamos.
Estou.
Estás.
Estamos?
É unha ocupación da realidade, unha conquista.
Busca os rostros coñecidos.
Titubeas carente de rozamento e aceptas, en ocasións sen éxito.
O corpo habitado.
O corpo enigma.”

A peza EM.NA baséase na idea de vibración como elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro.
A relación entre os intérpretes pasa por diferentes estados: comprimindo, estirando, cambiando o ritmo da súa propia vibración, e todo isto partindo da súa fisicalidad individual.
A composición escénica dos corpos mostra os diferentes estados e espazos dunha mesma vibración a través dunha fisicalidad contemporánea, espida, crúa e cotiá.
A forte presenza do mundo e espírito xaponés crea unha estética chea de detalles significativos e contundentes.
A duración de cada movemento case parece a dun pensamento, propósito ou reflexión.
A peza busca por tanto entretexer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante.
Un “ momentum” sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade de silencio.

Venres 26 ás 20:00
Sábado 27 ás 20:00
Domingo 28 ás 20:00

Máis