
29xuñ19:00Elisa e MarcelaESPECTÁCULOS | 10,00 €19:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Como cada mes de xuño, a Asociación Nós Mesmas e Avante Galicia preparan unha extensa e variada programación baixo o título Orgullo Crítico coa
Detalles do eventos
Como cada mes de xuño, a Asociación Nós Mesmas e Avante Galicia preparan unha extensa e variada programación baixo o título Orgullo Crítico coa que busca visibilizar ao colectivo LGTB+, tecer redes e celebrar o Día Internacional do Orgullo LGBT. A efeméride que ten lugar 28 de xuño.
Xoves 29 ás 19:00 h no Auditorio do Concello: Elisa e Marcela
A Panadaría trae a xira de despedida do multipremiado espectáculo que adapta a historia do primeiro matrimonio homosexual en España, que se deu na Coruña en 1901, precisamente en xuño. As actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman contan coa dirección de Gena Baamonde.
Sipnose: Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencias, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente e dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Máis
Hora
29 xuño, 2023 19:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual