
Proxección 'EL MAESTRO QUE PROMETIÓ EL MAR' + 'Els buits'
Detalles do eventos
Agora cine! volve á Galería Jazz da man do filme El maestro que prometió el mar (Patricia Font, 2023) e a curtametraxe Els buits (Sofía
Detalles do eventos
Agora cine! volve á Galería Jazz da man do filme El maestro que prometió el mar (Patricia Font, 2023) e a curtametraxe Els buits (Sofía Esteve, Isa Luengo e Marina Freixa Roca, 2024), nominada aos Goya. Ademais, tras a proxección, hai un coloquio.
SINOPSE DO FILME
Ariadna descobre que o seu avó busca, desde fai tempo, os restos do seu pai, desaparecido na Guerra Civil. Decidida a axudalo, viaxa a Burgos, onde están exhumando unha fosa común na que podería estar enterrado. Durante a súa estancia, coñecerá a historia de Antoni Benaiges, un xove mestre de Tarragona que antes da guerra foi profesor do seu avó. Mediante un innovador método pedagóxico, Antoni inspirou aos seus alumnos e fíxolles unha promesa: levalos ver o mar.
SINOPSE DA CURTA
Un exercicio de memoria histórica. Mariona reflexiona coa súa filla, e cineasta, o seu paso polo franquista Patronato de protección a la mujer.
Pode a transmisión da palabra restituir unha memoria esquecida? Pode romper co silencio perpetuado entre xeracións? Con 17 anos, Mariona foi detida e internada nun correccional do Patronato de protección a la mujer, institución adicada a “rexenerar a mulleres caídas” durante o franquismo e os primeiros anos da democracia. No 2023, ela e a súa filla tratan de recompoñer as pezas e ocos baleiros desta historia.
Máis
Hora
5 marzo, 2025 20:30(GMT+01:00)
Localización
Galería Jazz
Rúa da Ronda de Don Bosco, n 21, Santiago de Vigo, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual