REVISTA ABRIL

Educación en Feminino: un paseo pola historia

23abrTodo o día28maiEducación en Feminino: un paseo pola historiaARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Biblioteca Central Universidade de Vigo

Detalles do eventos

Dende o día 23 de abril (Día do Libro) e ata o 28 de maio, pode visitarse na Biblioteca Central do Campus de Vigo, a Exposición “Educación en Feminino: un paseo pola historia” que recolle a III Colección de pósters correspondentes a educadoras, teóricas e/ou prácticas, de diferentes lugares e épocas históricas, con especial atención a Galicia e á Idade Contemporánea.

Os 32 pósters que a compoñen foron elaborados polo alumnado da materia “Teoría e Historia da Educación Escolar” (1º do Grao en Mestre/Mestra de Educación Primaria e do Dobre Grao Infantil+Primaria da Universidade de Santiago (Campus de Lugo).

Con esta mostra téntase visibilizar e poñer en valor o traballo dalgunhas das mulleres que máis contribuíron e contribúen, a mellorar o ensino da súa época.

A mostra comeza co panel dedicado a Hipatia de Alexandría, e chega ata os nosos días recollendo información ordenada cronoloxicamente sobre, entre outras, Concepción Arenal, Ellen Key, Elisa Sánchez e Marcela Gracia, Emma Goldman, Maria Montessori, Rosa Sensat, as Mestras da República, Enriqueta Otero, Antía Cal, Josefina Aldecoa… e xa máis recentemente, Camino Pereiro ou as Orientadoras de Prescolar na Casa, para rematar con Gey Lagar.

Como complemento a esta exposición, e xa que durante o período en que estará aberta celébranse dous importantes eventos, o Día do Libro e o Día dás Letras Galegas, a Biblioteca Universitaria expón parte dos fondos bibliográficos de autoras presentes na mostra, así como unha pequena homenaxe a Xela Arias, poeta, tradutora, editora, e tamén Mestra, á que este ano a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas.

Máis

Hora

Abril 23 (Venres) - Maio 28 (Venres)(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Central Universidade de Vigo

Biblioteca Central, Rúa Leonardo Da Vinci, 36310 Vigo, España

Other Events