Picnic Sesións
Detalles do eventos
Este ano o festival Picnic Sesións de Saiáns, organizado pola Asociación Lideiras, cambia de formato e se desenvolverá en tres eventos nos meses de primavera:
Detalles do eventos
Este ano o festival Picnic Sesións de Saiáns, organizado pola Asociación Lideiras, cambia de formato e se desenvolverá en tres eventos nos meses de primavera: 20 e 21 de abril e 12 de maio; pero sen perder a esencia e sendo fieis ao seu lema: “Natureza, cultura e comunidade”. Desde o inicio, este festival apostou pola música local, algo que non vai cambiar nesta nova edición. Este domingo 12 de maio poderemos gozar da música en directo de Blues do País, Su Garrido Pombo, Family Folks e The Manueles.
Pero non todo é música o que propón o festival de Saiáns. Nestes eventos de entrada gratuíta tamén haberá gastronomía a cargo de diferentes foodtrucks, un mercado contemporáneo e obradoiros medioambientais pensados principalmente para o público familiar. Outro dos ingredientes do evento é a magnifica contorna na que se celebra, cunha espetacular vista sobre a ría e as Illas Cíes.
Un dos pratos fortes da xornada son os obradoiros que se celebran durante todo o día de Picnic e de temáticas variadas. A escola de baile viguesa Swing On ofrecerá unha clase aberta gratuíta de Lindy Hop, na que poden participar todas as persoas sen importar o seu nivel.
DOMINGO 12
Este ano as consumicións de comida e bebida páganse en cada Posto con MOEDA PICNIC. Para comer haberá comida vegana galaico-mexicana, bocadillos e hamburguesas de autor, churrasco, chouripán, filloas e gofres. Haberá un stand de caixa no que se pode cambiar os cartos (efectivo/tarxeta) pola MOEDA PICNIC.
Máis
Hora
12 maio, 2024 12:00 - 20:00(GMT+01:00)
Localización
Baixada á Praia, Saians
Baixada á Praia, 83
Hoxe móvese
Séguenos nas redes