Diego Rubio Tour
22dec17:00Diego Rubio TourCONCERTOS | De balde17:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax
Detalles do eventos
O percusionista Diego Rubio ofrece un recital de marimba no Auditorio Martín Códax. Interpretará obras de John Psathas, Daiki Kato, E. Sejourné e Jesse Sieff.
Detalles do eventos
O percusionista Diego Rubio ofrece un recital de marimba no Auditorio Martín Códax. Interpretará obras de John Psathas, Daiki Kato, E. Sejourné e Jesse Sieff.
Diego Rubio rematou os seus estudos de percusión con Matrícula de Honra no Conservatorio Superior de Música de Tenerife co profesor Paco Díaz, e realizou posteriormente un Máster de Marimba no Koninklijk Conservatorium (Amberes) co profesor Ludwig Albert.
Actualmente é profesor de percusión no Conservatorio Profesional de Música de Palencia. Entre os cursos e masterclass recibidos destacan profesores como Rafa Mas, Raúl Benavent, Emmanuel Sejourne, Víctor Mendoza, Nebojsa Jovan Zivkovic, Daniella Ganeva, Pei Ching Wu, Carlo Willems ou Keiko Abe.
Foi convidado para actuar no PASIC 2013 e foi membeo da WYO. Neste ano 2022, foi nomeado Artista Vic Firth e Artista Adams pola marca de instrumentos Adams Percussion. Tamén é profesor en In Cresendo, proxecto educativo musical promovido pola área socio educativa da Orquestra Sinfónica de Castela e León.
Entre outros, ten feito concertos en Portugal, Francia, República Checa, Suiza, Austria, Italia, Estados Unidos, Países Baixos e Bélxica.
Con este concerto póñese fin a esta edición do recital de concertos de Nadal no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Xoves 22 ás 17:00
Entrada de balde
Máis
Hora
22 decembro, 2022 17:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes