
22abr11:00Día do Libro no CC Travesía de VigoPEQUERRECHOS | De balde11:00 CC Travesía de Vigo
Detalles do eventos
Con motivo do Día do Libro, que se celebra o próximo 23 de abril, o centro comercial Travesía activa unha campaña con diferentes actividades coas que fomentar a
Día do Libro no CC Travesía de Vigo
Con motivo do Día do Libro, que se celebra o próximo 23 de abril, o centro comercial Travesía activa unha campaña con diferentes actividades coas que fomentar a lectura entre os máis novos.
O sábado, 22 de abril, Travesía acollerá un taller infantil de lectura en colaboración co equipo de Perros y Letras, do programa R.E.A.D. de Lectura con Cans (Reading Education Assistance Dogs). Trátase dunha actividade tamén gratuíta, destinada a nenos entre 6 e 11 anos, e que busca mellorar as habilidades de lectura mediante a intervención de cans especialmente adestrados para ler con eles. O éxito do programa radica na conexión emocional que se establece entre o can e o neno que le para o animal, que se relaciona co lector segundo as súas necesidades.
O taller terá lugar na planta primeira do centro comercial Travesía, no local Travesía Nenos, de 11:00 h a 12:00 h, un primeiro grupo, e de 12:00 h a 13:00 h, un segundo grupo. A actividade, totalmente gratuíta, conta con aforo limitado e os asistentes son elixidos mediante sorteo tras a súa inscrición previa en liña.
O venres 28 de abril, terá lugar a presentación e do primeiro libro de Paula Suárez, pedagoga galega, ‘O mundo de cores de Roque e Lea’, unha historia que promove a inclusión e a diversidade. A autora realizará a lectura do conto e asinará exemplares aos asistentes. O aforo é libre, sen confirmación de asistencia previa. A actividade terá lugar ás 18:00 h, na planta primeira do recinto comercial e contará cun taller infantil de debuxo e pintado de uñas.
Máis

(Sábado) 11:00
CC Travesía de Vigo
Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra