Día de Rosalía 2021
24feb17:00Día de Rosalía 2021ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00(GMT+01:00) Rúa Real
Detalles do eventos
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. Para o 24 de febreiro, fixado
Detalles do eventos
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
O Manifesto pode descargarse en formato .pdf aquí.
En colaboración coa A. C. O Castro de Vigo, realizarase unha ofrenda floral na imprenta de Juan Compañel (Rúa Real, 12), o mércores 24 de febreiro ás 17:00 h. Posteriormente lerán o manifesto da AELG Cruz Martínez, presidenta da A. C. O Castro e Marta Dacosta, integrante do Consello Directivo da AELG, e Vítor Vaqueiro, homenaxeado pola AELG coa Letra E en 2020, participará recitando un poema de Rosalía. A asistencia ao acto estará restrinxida por mor da normativa COVID e só estará aberta á presenza dos medios de comunicación.
Máis
Hora
24 febreiro, 2021 17:00(GMT+02:00)
Localización
Rúa Real
Rúa Real, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes