Día internacional da danza na Deputación
Detalles do eventos
A Deputación quere celebrar este 29 de abril, Día da Danza, cunha alianza entre culturas en diálogo: Galicia e Arxentina. Por iso, en colaboración co Consulado Xeral da
Detalles do eventos
A Deputación quere celebrar este 29 de abril, Día da Danza, cunha alianza entre culturas en diálogo: Galicia e Arxentina. Por iso, en colaboración co Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo, presentamos unha xornada coa danza, que cruza fronteiras e mares, coa expresión do corpo máis próxima á terra, á tradición, á nosa identidade cultural, pero tamén aquela que baila vangarda, innovación e experimentación.
Trátase dunha peza bailada por 9 mulleres en escena, mulleres con diferentes corpos (bailadoras, non bailarinas), nunha coreografía supervisada e guiada por Ivan Villar, Jaime Pablo Diaz e Óscar Cobos .
O venres 29 de abril diante da sede da Deputación en Vigo, ás 19:00 horas. Confirmación de asistencia: participa.cultura@depo.gal
Máis
Hora
29 abril, 2023 19:00(GMT+02:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes