Dentro e fóra
Detalles do eventos
A mostra “Dentro e Fóra. Un achegamento á representación do espazo na plástica galega contemporánea” propón dúas miradas complementarias sobre un mesmo asunto, o espazo, o lugar vivido
Detalles do eventos
A mostra “Dentro e Fóra. Un achegamento á representación do espazo na plástica galega contemporánea” propón dúas miradas complementarias sobre un mesmo asunto, o espazo, o lugar vivido e representado polos e polas artistas galegos e
galegas, principalmente no pasado século XX. A través de dúas exposicións que son complementarias – unha dedicada á
representación do espazo aberto, comisariada por Miriam E. Cortés; outra á representación do espazo pechado, comisariada por Patricia Cupeiro-; a proposta fai unha exhaustiva revisión dos fondos artísticos, nos que a arquitectura é protagonista, procedentes das coleccións do Concello de Vigo, do Museo “Quiñones de León” principalmente.
En liña coa vocación da Pinacoteca FFDR de rotar permanentemente os fondos de arte municipais; destaca a mostra pola súa capacidade de mesturar os grandes nomes da plástica contemporánea galega como Lugrís, Souto, Colmeiro, Maside… con outros autores case esquecidos, moitos vigueses, ós que sen dúbida paga a pena revisitar novamente.
Estará ata o 24 de outubro.
HORARIO
- De martes a venres (laborables): 18.00 – 21.00h
- Sábados: 12.00 – 14.00h e 18.00 – 21.00 h
- Domingos e festivos: 12.00 – 14.00 h
Máis

Hora
Maio 21 (Venres) 18:00 - Outubro 24 (Domingo) 21:00
Localización
Pinacoteca FFR
Rúa Abeleira Menéndez, 8, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes