CAMELIAS MASCOTAS

Cuqui Piñeiro. A técnica da fundición á cera perdida

22nov19:00Cuqui Piñeiro. A técnica da fundición á cera perdidaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Venres da EMAO 22/11/2024 “Cuqui Piñeiro. A técnica da fundición á cera perdida”.

A fundición á cera perdida é unha técnica moi antiga e de gran complexidade, que permite crear pezas escultóricas en bronce a partir dun modelo previo. Este Venres da EMAO temos a sorte de contar con Cuqui Piñeiro, directora da Función Arte e Bronce desde 1991, que nos falará de procesos, técnicas e demais curiosidades que xorden nese momento máxico de transformación dun modelo ou maqueta escultórica en arxila nunha peza de metal. Ademais coñeceremos os inicios da fundición, creada polo escultor Xoan Piñeiro en 1968, e que hoxe alberga a Fundación do legado do escultor.

Presentado por Rosa García (Mestra de Talla e escultura en madeira da EMAO)
Data: 22 de novembro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

Máis información: https://emaonlinecovid.blogspot.com/

Máis