marzo, 2021

03mar12:00Evento virtualCunqueiro XL. Actos de lembranza polo cuadraxésimo cabodanoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00

Detalles do eventos

Co gallo dos 40 anos do pasamento de Álvaro Cunqueiro o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo acollerá entre os días 2 ao 5 de marzo unha serie de actos de homenaxe ao escritor mindoniense.

Un ciclo de charlas, un concurso de citas da obra de Cunqueiro, a presentación dun libro e a estrea, por unha banda, dun documental sobre a súa obra e, doutra, da musicación de dous dos seus poemas, converten á FFT nun dos epicentros das celebracións do 40 cabodano do autor de máis de 20.000 artigos en medio cento de xornais e revistas e obras como Si o vello Sinbad volvese ás illasHerba aquí e acolá, El año del cometa ou O incerto señor D. Hamlet.

Os actos serán retransmitidos en directo a través da canle directo 1 de UVigoTV.

Ciclo de charlas

Martes, 2 de marzo
12.20 h Cunqueiro na literatura galega
Xosé Luís Méndez Ferrín

Mércores, 3 de marzo
12.00 h Pseudonimia e alofonía fantástica en Cunqueiro
Iago Castro Buerguer

12.20 h Cunqueiro tradutor e anosador
Antón Palacio Sánchez

Xoves, 4 de marzo
12.00 h Cunqueiro e os mitos clásicos
Paloma García e Marta Mariño

12.40 h O xornalismo na obra literaria de Álvaro Cunqueiro
Miguel Somovilla

13.00 h O Cunqueiro que me falou
César Morán

Venres, 5 de marzo
12.00 h As actividades e publicacións da Casa-Museo en Mondoñedo
Armando Requeixo

12.20 h A actualidade da obra de Álvaro Cunqueiro
Xina Vega, Armando Requeixo e Xosé M.a Álvarez Cáccamo

Concurso Concita Cunqueiro
Presentación dunha cita sobre a obra de Álvaro Cunqueiro. Prazo: ata o 15 de marzo de 2021

Máis

Hora

(Mércores) 12:00

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!

X