VIALIA
ARRIBADA

Culturgal, a feira das culturas galegas, ofrece máis de 200 actividades esta fin de semana

01dec11:30Culturgal, a feira das culturas galegas, ofrece máis de 200 actividades esta fin de semanaFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 2,00 €11:30(GMT+01:00) Pazo da Cultura de Pontevedra

Detalles do eventos

Do 1 ao 3 de decembro celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra Culturgal, un evento que anualmente reune ao sector cultural e aos seus públicos . Este ano a Feira das Culturas Galegas está formada por 84 stands con novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Ademáis de expositores, en Culturgal atopamos un completo programa de actividades para varias idades e sobre varias disciplinas. Aquí pódese ver o programa completo.

Horarios de apertura ao público: 11:30 a 14:00 / 16:00 a 21:00

Entradas: 2,00 € a de día e 5,00 € o abono de tres días na billeteira online. As entradas para o concerto de Leilía teñen un prezo de 16,00 € na mesma ligazón.

Máis

Hora

1 decembro, 2023 11:30(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra, PO

Other Events