Cuarteto Acaí
01set19:30Cuarteto AcaíCONCERTOS | De balde19:30(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas
Detalles do eventos
O cuarteto Acai reúne a catro experimentados músicos da escena do Jazz galego entorno a un proxecto ideado para estudar e espallar o repertorio da música brasileira do
Detalles do eventos
O cuarteto Acai reúne a catro experimentados músicos da escena do Jazz galego entorno a un proxecto ideado para estudar e espallar o repertorio da música brasileira do século XX. A riqueza da música brasileira e a súa proximidade ao mundo do Jazz fan deste un proxecto musicalmente moi ambicioso e atractivo para os seus compoñentes. Nas súas primeiras grabacións revisaron temas de Toninho Horta, Chico Buarque e Antonio Carlos Jobim ou Milton Nascemento. A idea é abarcar un período amplo da música brasileira, dende Cartola ata Caetano Veloso, Djavan, Guinga ou Chico Pinheiro.
A banda está composta polo cantante e multiinstrumentista Rubén Fernández, o guitarrista Felipe Villar, o contrabaixista cubano-galego Jose Manuel Díaz e o percusionista brasileiro-ga1ego Paulo Silva. Os catro músicos son de sobra coñecidos no eido do Jazz galego, e os catro son apaixonados amantes da música brasileira. A música deste cuarteto pretende ser moi respetuosa coa tradición musical de Brasil ao mesmo tempo que devota das súas expresións e sonoridades máis contemporáneas.
Máis
Hora
1 setembro, 2022 19:30(GMT+02:00)
Localización
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualsetembro
Séguenos nas redes