ASNEVES
REVISTA MAIO

'Cuando acabe el día' de Concha Martínez Barreto

14xulTodo o día'Cuando acabe el día' de Concha Martínez BarretoEXPOSICIÓNS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

O proxecto da artista murciana, Concha Martínez Barreto, arrancou a partir dunhas cartas que atopou datadas de 1943. Daquelas epístolas entre unha nai e un fillo londinienses foi eliminando todas as palabras superfluas ata quedar coa esencia: ‘Dear Baby, I have been coming down every night’. Do mesmo xeito, a través desta exposición titulada ‘Cuando acabe el día’, Barreto quere trasladarnos á noite, a ese momento de soidade onde nos desprendemos do prescindible para internármonos no máis fondo.

A través de diferentes técnicas: a pintura, a fotografía e a escultura trasládanos ao pasado, aos nosos medos máis primarios que non difiren moito daqueles que tiñamos na nosa infancia. Parte da exposición está composta por unha serie de novelas que no seu título levan do número 1 ao 100, pero como explicou a propia artistas na inauguración da mostra tamén hai baleiros: “Hai días, dos que non puiden atopar nada.” Estes ocos están ocupados na propia mostra por unha greguería de Ramón Gómez de la Serna “Era tan cativo, que cría aínda que o arco da vella quería dicir que rematara a tormenta”.

A mostra pode visitarse no segundo andar do Museo Marco ata o 24 de xaneiro de 2024 de martes a sábados (festivos incluídos) de 11:00 a 14:30 h e de 17:00 a 21:00 h; e os domingos de 11:00 a 14:30 h.

Máis

Hora

Xullo 14 (Venres)(GMT+02:00)