REVISTA ABRIL

Crua + Acordeireta + MJ Perez (Duo)

21abr22:00Crua + Acordeireta + MJ Perez (Duo)CONCERTOS | Desde 10,00€22:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

O venres 21 de Abril ás 22:00 horas na Sala Rebullón. Entrada anticipada:10€ Billeteira: 12€

Crua: Entre as rúas cincentas do Porto, inspirada nas xuntanzas nas prazas e xardíns ou arredor dunha mesa, xurdiu unha vontade común. Cantar. Tocar. Mirando para a música tradicional, procuramos a identidade e o sentimento como un proceso vivo. O repertorio é plural, con forte incidencia portuguesa, onde o adufe asume un lugar predominante. Somos 6: Ana Costa, Ana Trabulo, Diana Ferreira Martins, Isabel Martinez, Liliana Abreu e Rita Só. 6 adufes. 6 voces. 6 multiplicacións de outras percusións. Un concerto pulsante e intimista, tenro e vigoroso, nunha viaxe persoal pola raíz tradicional ibérica, ofrecida a quen ve e oe como unha conversa de amigas en horas soltas.

Acordeireta: Loitar Cantando é o primeiro traballo deste dúo de gran variedade instrumental e rítmica, cun estilo único, fresco e contundente. O repertorio consta de temas tradicionais, de autor e dunha gran parte de composicións propias. A súa lema é: LOITAR CANTANDO! (palabras de Luz Fandiño). O dúo Acordeireta confórmano Patricia González e Alejandro Balbuena que, despues dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de aprender, de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear coas súas músicas a persoas queridas e admiradas, e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega e compartilo. Nos seus directos combinan varios tipos de instrumentos, como o acordeón cromático, acordeón diatónico, diferentes tipos de pandeireta, pendeiros, culleres, bombo, zanfoneón, ademas das voces.

MJ Pérez tamén participará nesta noite especial na Sala Rebullón, actuará de ponte entre Acordeireta e CRUA, será unha pequena intervención musical en formato dúo que servirá de ponte entre ambas actuacións, unha ponte musical e tamén cultural, pois a artista galego-portuguesa cantará tamén coa formación lusa CRUA, será a primeira actuación ao vivo deste novo single de MJ Pérez en colaboración con elas, o segundo single en portugués de MJ Pérez producido por Peter Petrowski.

Máis

Hora

(Venres) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events