CAMELIAS MASCOTAS

Conversas Swingueiras: todos os corpos son corpos de baile

27mai16:00Conversas Swingueiras: todos os corpos son corpos de baileACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

Alba Cobo é lindy hopper, activista contra a gordofobia, a violencia estética e a cultura da dieta, creadora de contido en Outro Conto e directora do festival Y se a(r)mó la gorda. Estará xunto a súa compañeira de batallas e amiga Elena Branco, co-fundadora de Swing On, profesora de lindy hop, DJ e promotora de eventos.

Despois de bailar a morrer coas Excel Sisters e tomar uns pinchiños de Outro Conto, tomaremos un café facendo un percorrido por algunxs bailarinxs clásicxs con corpos non normativos, e compartiremos algunhas reflexións sobre a relación entre os corpos e o baile en xeral, non só o lindy hop. A continuación abrimos un espazo para quen queira compartir nun espazo seguro as súas opinións e vivencias.

Máis

Hora

27 maio, 2023 16:00(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events