REVISTA NADAL

CONTOS DAKÍ: Bea Campos

24nov19:30CONTOS DAKÍ: Bea CamposESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a contadora Bea Campos co seu espectáculo “Marcho que teño que marchar”.

Marcho que teño que marchar

Unha divertida sesión de contos e tamén un espazo para a reflexión sobre os roles e as desigualdade de xénero. É un cesto trenzado con historias protagonizadas por mulleres que eran feministas sen sabelo: desde meigas artúricas ata avoas misteriosas. Nun escenario convertido na casa familiar, Bea Campos relata secretos sobre a súa familia mentres cociña, bebe e traballa entre cancións, coplas e conxuros.
Marcho que teño que marchar estivo programado no Festival Cabaret da Cidade de México este ano 2023.

“Na miña casa está moi mal visto andar falando do que sucede na familia. Pero que facer se diante túa acontecen cousas incribles? Se che contan historias e lendas misteriosas das que non se pode falar en alto… Pois segundo o meu punto de vista tiña dúas opción, calar para sempre ou artellar un divertido e teatral espectáculo de narración oral. Iso si, tédesme que gardar o segredo xa que todo o contado sucedeu de verdade!”

Máis

Hora

24 novembro, 2023 19:30(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events