REVISTA ABRIL

'Containers' de Manuel Quintana

08nov(nov 8)11:00'Containers' de Manuel QuintanaARTE E MUSEOS | De balde(novembro 8) 11:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Manuel Quintana (Roxas, 1946) é un artista fundamental na historia da arte galega. Vinculado co movemento Atlántica dos anos oitenta e moi influenciado polo art pop dos noventa, a súa proxección internacional lévalle a expor en galerías de Nova York, Caracas, Miami e Oporto. Actualmente, e tras un paso como docente pola Universidade de Santiago de Compostela, céntrase na súa actividade artística.

É neste último periodo onde ten lugar a xénese desta serie na que atopamos 42 containers, uns elementos que non chaman moito a atención e están vinculados co residuo humano en domicilios, obras… Asegura que moitos deles parten dun “momento espontáneo”, aínda que, nalgunha ocasión, tivo que “volver ao día seguinta na procura dunha mellor luz”. Ademais, moitas das pezas variaron ata tres veces ata chegar ao seu resultado final. O autor cólleos e lévaos a unha nova dimensión guiado pola súa beleza e a plasticidade. Partindo de diversas expresións que abarcan desde a fotografía, a acuarela e o uso de materiais como a madeira, que outórgalle á obra unha nova dimensión. Na serie destaca unha peza de 2’50 metros de altura e 7 de longo que, co seu gran tamaño colabora no impacto do visitante.

Os cadros conteñen no seu lenzo información sobre o momento no que foron retratados: a hora, o tempo que facía, algún dato do entorno… e o factor artístico vese reforzado pola tipografía que, en cada un deles, é parte esencial e evocadora das influencias de Quintana. Por outra parte, inclúe nesta mostra, unha escolma de bocetos a lápis cos que poder coñecer de primeira man o seu proceso.

Horarios:

De martes a sábados (festivos incluidos), de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00

Domingos, de 11:00 a 14:30

Máis

Hora

Novembro 8 (Luns) 11:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events