REVISTA ABRIL

Contacontos 'O chineiro da tía María'

11dec12:00Contacontos 'O chineiro da tía María'PEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Xandobela organiza na Biblioteca Juan Compañel un contacontos que emprega e adapta a técnica tradicional europea do “cantastorie”, no que se mistura a narración de historias, as pinturas en grandes lenzos e a música cooperativa.

A trama xeral está protagonizada pola propia narradora, Chus Caramés, que recibe resposta de “a tía María” a través dos contos e cancións que atesoura no chineiro da súa casa, ás súas innumerables preguntas sobre as cousas que a rodean.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 40 minutos.

Inscrición previa na Biblioteca Juan Compañel ou no teléfono 886 120 445.

Sábado 11 ás 12:00

Máis

Hora

(Sábado) 12:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events