RevistaNadal

decembro, 2021

30dec17:00Contacontos de NadalPEQUERRECHOS | De balde17:00 Centro Social de Bouzas

Detalles do eventos

O Centro Social de Bouzas organiza o contacontos de Nadal ‘Ven a Conto: Un mundo mellor’, con Raquel Queizás.

O sol loce sobre un fermoso ceo violeta. A señora Teresa  almorza galletas sen présa, mentras lembra unha brincadeira de cando era nena. Aldariña prepara a mochila cos libros e o medidor de insulina para ir ao cole axiña . Pedro quedou  durmido co libro pegado ao couquizo…

Comeza o día en vila Conto. Os paxaros libro cantan: “Había unha vez”.

Xogo a que Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias dos veciños e as veciñas. Historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores…

Aforo limitado, inscrición na conserxería ou por teléfono chamando ao 886 110 935.

Xoves 30 ás 17:00

Máis

Hora

(Xoves) 17:00

Localización

Centro Social de Bouzas

Rúa de Eduardo Cabello, 53, 36208 Vigo, Pontevedra

X