REVISTA NADAL

Contacontos 'Cinema Maravillas'

24xan18:0019:00Contacontos 'Cinema Maravillas'PEQUERRECHOS | De balde18:00 - 19:00(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de xaneiro visítanos Raquel Queizás co seu espectáculo “Cinema Maravilla”.

Cinema Maravillas:

Gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.
O obxectivo é facerlles ver ás crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida.
Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.
A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le.
Alicia no pais das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, Polgariño, as protagonistas destas historias son nenas e nenos que teñen preocupacións e reflexionan sobre o mundo no que viven. Son fortes, sensatas e pensan por si mesmas.
Reflexan as etapas evolutivas das persoas espectadoras máis cativas. Axudan a formar o seu pensamento crítico, e a súa capacidade reflexiva sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero, o respecto polo diferente…
Estas historias nacen dentro de nós cando somos crianzas. A unha nena, a un neno gústalle vivir aventuras, explorar diferentes lugares, xogar a ser piratas…

Público infantil dende 3 anos. Entrada libre ata completar aforo.

Máis

Hora

24 xaneiro, 2025 18:00 - 19:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events