REVISTA ABRIL

Masterclass de Icíar Bollaín no Conecta Lab!

15abr18:00Masterclass de Icíar Bollaín no Conecta Lab!ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

A CONSTRUCIÓN DE PERSOAXES FEMENINOS NA FILMOGRAFÍA DE ICÍAR BOLLAÍN

Icíar Bollaín será un dos pratos fortes do Conecta Lab! A súa “masterclass” será no Museo Marco de Vigo o sábado 15 ás 18:00 horas, con entrada libre ata completar o aforo.

Icíar Bollaín debuta como actriz aos 15 anos colaborando con directoires como Víctor Erice. A principios de 1991 fundou Produciones La Iguana, con quen dá os seus primeiros pasos no terreo da dirección. Baja corazón (1993) e Los amigos del muerto (1994) foron algúns dos seus primeiros traballos. É membro da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. En 2006 fundou, xunto con outras cineastas,CIMA (Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales), e desde entón é membro da súa Xunta Directiva.

Conecta Lab é un proxecto desenvolvido por CREA en colaboración coa Deputación Pontevedra, co financiamento do Ministerio de Cultura y Deporte e a Unión Europea e o patrocinio de DAMA. Grazas tamén ao Concello de Vigo e á Vigo Film Office polo seu apoio a esta “masterclass”.

A illa de San Simón acolle este laboratorio creativo de desenvolvemento de proxectos cinematográficos no que sete cineastas seleccionados, Iria Sobrado, Alexandre Cancelo, Nacho Ozores, Lidia Fraga, Jacobo Díaz, Irene Pin e Dani Viqueira, traballan nos seus respectivos proxectos de maneira persoal, acompañados por titores especializados coa fin
de profundizar en aspectos artísticos e narrativos.

Durante o Conecta Lab, a illa será tamén escenario dunha serie de encontros profesionais, mesas redondas, e proxeccións e instalacións artísticas que xeren espazos de comunicación entre creadores/as, formulen temas de debate profesional ou aborden aspectos innovadores da creación audiovisual.

Ademais, tamén se estreitarán lazos con Portugal a través do Encontro de Cine Arraino, no que haberá unha charla con André Guiomar (presidente de APNEIA – Asociación de directores do norte de portugal), Luis Costa (membro de APNEIA
e produtor de Olhar de Ulisses) e Mafalda Rebelo (Cimabilo Filmes) sobre o cinema no país luso e as conexións con Galicia, así como unha proxección da película “Fuego Fatuo” e posterior coloquio do seu director, João Pedro Rodrígues.
O programa complétase cunha ruta para coñecer localizacións da ría de Vigo da man da Vigo Film Office e a mesa redonda “Perspectiva – Miradas de xénero no cine”, que contará coa participación de Paula Cons, María Vázquez, Belén Puime e
Álvaro Gago.

Durante estes nove días os proxectos seleccionados contarán coa titorización e a formación de Oliver Laxe (“O que arde”), Fernando Franco (“La herida”), Carlos Marqués – Marcet (“10.000 km”), Laura Sarmiento (“Intimidad”), Álvaro Gago (“Matria”), Álex Rodrigo (“La casa de papel”), Mikel Gurrea (“Suro”), Celia Rico (““Viaje al cuarto de una madre”), Álvaro Vega (CEO en DobleSentido), Enrique Lojo (“La Sala”), Marjorie Bendeck (directora del mercado de coproducción para Europa Oriental Connecting Cottbus) e Icíar Bollaín (“Maixabel”). Haberá varias masterclasses DAMA abertas ao público vía zoom previa inscripción na web crea.gal sendo as impartidas por Oliver Laxe o vernes 14 de abril ás 20.00 h., a de Carlos Marqués-Marcet, o domingo 16 de abril ás 20.00 h. e a de Pablo Martí o luns 17 de abril ás 19.30 h. A sesión a cargo de Icíar Bollaín, o sábado 15 de abril ás 18.00 horas, será presencial, de acceso libre, y terá lugar no Museo MARCO de Vigo.

Foto: Jose Haro

Máis