BANNER GALAXIA

18mai10:3017:30'Coñece o teu parque nacional'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:30 - 17:30(GMT+02:00) Bueu

Detalles do eventos

Coñece o teu parque nacional. Xornadas de divulgación á cidadanía.

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) anuncia unha nova xornada na que poderás iniciarte no coñecemento da súa botánica.

Esta presentación ofrecerá unha introdución á ciencia das plantas, a súa importancia nos ecosistemas e a súa relevancia na vida cotiá. Unha excelente oportunidade para estudantes, docentes e entusiastas da natureza. Na xornada do sábado, fase teórica, achegaraste ao mundo da botánica e descubrirásda man de Jaime Blanco a importancia que teñen as plantas nos ecosistemas e porqué son clave para o futuro do planeta. Durante o domingo, fase práctica, observarás a vexetación dá illa de Ons, das súas praias e cantís, e descubrirás as adaptacións que as plantas desenvolven para sobrevivir.

Datas, horarios e lugar:

  • Sábado17 de maio. 10:00 a 12:00 horas. Fase teórica. Sede do PNMTIAG.
  • Domingo 18 de maio. 10:30 a 17:30 horas. Fase práctica na Illa de Ons Embarque no porto de Bueu.

Máis

Hora

18 maio, 2025 10:30 - 17:30(GMT+02:00)

Localización

Bueu

Bueu, Pontevedra

Other Events