Concurso de beléns Afundación
Detalles do eventos
Afundación convoca a edición 57 do Concurso de Beléns, un clásico xa no Nadal de Vigo. Como cada ano poderán concorrer ao concurso persoas maiores de idade ou
Detalles do eventos
Afundación convoca a edición 57 do Concurso de Beléns, un clásico xa no Nadal de Vigo. Como cada ano poderán concorrer ao concurso persoas maiores de idade ou colectivos de escolares, de entidades sociais ou culturais. O xurado valorará especialmente a confección das figuras presentadas, a composición do conxunto, orixinalidade, unidade de estilo, grao de dificultade e execución. En particular, valoraranse de maneira especial aqueles Beléns que destaquen pola súa innovación, introducindo elementos das novas tecnoloxías, así como aqueles que recollan unha mensaxe ecolóxica de sustentabilidade ambiental.
O prazo de participación rematou o 20 de novembro
Os beléns participantes expóñense no Teatro Afundación do 1 de decembro ao 7 de xaneiro para gozo do público.
Do 1 ao 18 de decembro estará aberta todos os días de 17.00 a 20.30 h; desde o 19 de decembro ao 7 de xaneiro, de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h. O 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, cerrado. O 5 de xaneiro, cerrado en horario de tarde.
Entrada libre
Máis
Hora
1 decembro, 2022 - 7 xaneiro, 2023 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes