Concertos Malditos: Maldito Beethoven
23out20:30Concertos Malditos: Maldito BeethovenCONCERTOS | -20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
A Orquestra Clásica de Vigo pechará o ano recuperando tres concertos que a pandemia deixou aparcados e que agora se reprograman como Concertos Malditos, que queren ser una homenaxe aos
Detalles do eventos
A Orquestra Clásica de Vigo pechará o ano recuperando tres concertos que a pandemia deixou aparcados e que agora se reprograman como Concertos Malditos, que queren ser una homenaxe aos desvelos sufridos por todo o sector da música durante o último ano e medio, a causa das restriccións provocadas pola Covid-19.
MALDITO BEETHOVEN
O primeiro dos concertos malditos retomará o programa cancelado o 29 de decembro de 2020, o que sería un concerto de nadal cunha programación adicada á figura de L.V. Beethoven con motivo do seu 250 aniversario. Beethoven é fundamental para entender á orquestra como feito sonoro e celebrar a súa obra e memoria é unha tarefa sempre enriquecedora para músicos e públicos. Este programa xirará arredor dunha obra esencial do compositor: O Concerto para piano e orquestra n.4 en sol maior, que será interpretado por Severino Ortiz Rey, e será posto en relación á Sinfonía n. 3 en mi bemol maior do mesmo compositor nun monográfico de luxo.
Sábado 23 de outubro ás 20:30h no Teatro Afundación. Entradas á venda proximamente.
PROGRAMACIÓN
- 26 de setembro: Maldita Percusión
- 23 de outubro: Maldito Beethoven
- 28 de decembro: Maldito Concerto de Nadal
Máis
Hora
23 outubro, 2021 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra