REVISTA ABRIL

Concerto Día da Música Orquestra Kv2211

20xuñ12:00Concerto Día da Música Orquestra Kv2211CONCERTOS | De balde12:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 conmemora a Festa da Música que se celebra internacionalmente o día 21 de xuño cun concerto que terá lugar o domingo ás 12 horas no Auditorio Municipal de Vigo, grazas á colaboración
do Concello de Vigo.
Actuarán as dúas formacións da Kv2211. En primeiro lugar, a Orquestra Infantil, dirixida por Raquel Fernández formada por mozos e mozas instrumentistas de corda de entre 8 e 14 anos de idade. E a continuación actuará a Orquestra
Xuvenil dirixida por José Manuel Fernández. Ambas agrupacións farán unha pequena lembranza da figura de Ludwig van Beethoven polo 250 Aniversario do seu nacemento que se celebrou no ano 2020 e que quedou diluído por mor da pandemia.
A Orquestra Kv2211 constituíuse en outubro de 2017 con fin de potenciar a formación orquestral de instrumentos de corda e contribuír a potenciar a actividade cultural de Vigo; está formada por nenos e nenas de entre 8 e 22 anos de Vigo, Porriño, Tui, Nigrán, Baiona, Mos, Santiago de Compostela.
O concerto é de balde, con límite de aforo e cumprimento das normas Covid-19. Está incluído na programación da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 do ano 2021 que conta co apoio e colaboración do Concello de Vigo.

Máis

Hora

(Domingo) 12:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events