REVISTA ABRIL

Concerto de premiados no VII Concurso de Música de Cámara do CSMVigo

01xuñ20:00Concerto de premiados no VII Concurso de Música de Cámara do CSMVigoCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O vindeiro martes 1 de xuño finaliza o VI Festival NAS ONDAS. Será o Concerto de Premiados no VI Concurso de Música de Cámara do CSMVigo o que poña fin ao Festival, concerto que tradicionalmente se celebra no Auditorio de Praza do Rei (Concello de Vigo) co ánimo de sacar fóra do conservatorio o bo facer do seu alumnado. Neste concerto intervirán as formacións que acadaron o primeiro e segundo premio no Concurso de Cámara que organiza anualmente o Conservatorio Superior de Música de Vigo. Nesta edición, o primeiro premio foi para o dúo formado por Bruna Carrilho (frauta) e Raúl Rodríguez (piano), e o segundo para Saúl Puente-Dodd (clarinete) e Violetta Tin (piano).

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events