KIKIMORENTE

Girando Por Salas: Diagnóstico Binario

15mar21:00Girando Por Salas: Diagnóstico BinarioCONCERTOS | Desde 10,00 €21:00(GMT+01:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

Definir o son de Diagnóstico Binario dependerá do oído que os escoite. Entre as súas melodías claramente indies, moitos diferenciarán bases rítmicas e riffs máis próximos ao rock alternativo do panorama internacional. O que si está claro é que esta banda alacantina, que nace alá polo 2016, sabe unificar e dar unha volta de porca a vertentes tan dispares como a propia bagaxe musical dos seus cinco compoñentes: Dani Martínez, Antonio Botella, Javier Rodríguez, Álex Spar e David Martínez.

Forza, enerxía e sensibilidade é o que define á banda. Con letras profundas e emocionais conectan coa audiencia a través de temas reflexivos e experiencias persoais. O seu son caracterízase por unha mestura de melodías orgánicas e ritmos de rock, creando unha atmosfera única. Cun potente directo que mostrarán nos seus 6 concertos con axudas #GPS15.

Compra as túas entradas AQUÍ.

Apertura de portas ás 21:00 h e comezo de concerto ás 21:30 h.

Máis

Hora

15 marzo, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events