Comicamente: Touriñán + Carlos Blanco + Luis Piedrahita + Lucía Veiga
Detalles do eventos
Impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións, o proxecto súmase ás máis de 3.000 actividades programadas xa para este verán no marco do
Detalles do eventos
Impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións, o proxecto súmase ás máis de 3.000 actividades programadas xa para este verán no marco do Xacobeo 21-22 co obxectivo de reactivar o sector cultural. Trátase dunha serie de monólogos de cómicos galegos que terán lugar en 12 concellos galegos, entre eles Vigo.
Na nosa cidade actuarán o 6 de agosto na ETEA Carlos Blanco, Luis Piedrahita, Xosé A. Touriñán e Lucía Veiga, os catro líderes desta iniciativa. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.
Haberá dous pases, ás 19:00 e ás 22:00 horas, logo de que en menos dunha semana case se esgotasen as entradas dispoñibles para a sesión das 22:00 h.
ACTUALIZACIÓN: Nigrán acollerá o espectáculo adiado polas condicións meteorolóxicas en Vigo. Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, Luis Piedrahita e Lucía Veiga actuarán o venres 27 de agosto no campo de fútbol Monte Lourido. Será ás 22:00 horas nun pase único que contará coa música de DJ Toccororo e para o que aínda quedan algunhas entradas
dispoñibles.
Máis
Hora
27 agosto, 2021 22:00(GMT+01:00)
Localización
Campo de Fútbol de Montelourido
Rúa Lourido Beiramar, 27, 36370 Nigrán, Pontevedra