REVISTA ABRIL

Comedy Wildlife

09feb(feb 9)17:3027abr(abr 27)20:30Comedy WildlifeARTE E MUSEOS | De balde(febreiro 9) 17:30 - (abril 27) 20:30(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A través das fotografías premiadas no recoñecido Premio Comedy Wildlife Photo, dos anos 2015 a 2022, goza dunha magnífica colección na que as diferentes especies animais se conectan co ser humano.

Unha exposición fantástica para visitar en familia, onde moitas das fotos che sacarán un sorriso, e mesmo algunha te fará rir a escachar!

Na sala de exposicións do Teatro García Barbón (rúa Policarpo Sanz, 13) ata o 27 de abril de 2024.

  • DATAS:9 FEB a 27 ABR 2024
  • HORARIO:LUNS a VENRES | 17.30 a 20.30 h
    SÁBADOS | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 hDOMINGOS e FESTIVOS | pechado

Sesenta fotografías son as que compoñen a exposición homónima, «Comedy Wildlife», do certame internacional. As imaxes foron realizadas en distintos recunchos de todos os continentes e todas elas resultaron distinguidas entre 2015 e 2022 como as mellores instantáneas de animais feitas en clave de diversión e humor no mundo. Grazas á colaboración entre Afundación e Terra Espléndida e tras abarrotar en 2023 museos e centros de exposicións dos Países Baixos, Inglaterra, Portugal ou Canadá.

Evitar as mensaxes e as imaxes «deprimentes» é o que busca este certame, e con el a exposición. Isto é o que asegura o cofundador dos premios The Comedy Wildlife, o tamén fotógrafo especializado na natureza Paul Joynson-Hicks, que «as cuestións de conservación e sustentabilidade da vida silvestre están a gañar impulso a nivel mundial, pero as mensaxes e as imaxes tenden a ser negativas, deprimentes e enervantes». E que por iso se animou, xunto aos fotógrafos de natureza Tom Sullam e Michelle Wood, a crear estes galardóns. Desde 2015, premian as imaxes máis divertidas de animais tomadas nun mundo «extraordinariamente belo e interconectado».

«Comedy Wildlife» é unha exposición que cativa toda a familia ao utilizar o humor e a sorpresa como unha forma efectiva de involucrar no encanto do reino animal. As imaxes son extremadamente populares, atraen todas as idades e transcenden todas as culturas e idiomas. Así, as 60 instantáneas seleccionadas que se presentan en Vigo mostran, nas posicións e momentos máis divertidos, a animais como tartarugas, mapaches, osos, pingüíns, etc.

Unha foto divertida de animais é incriblemente eficaz porque non hai barreiras para a comprensión, ou tabús que deben ser negociados. A imaxe aproveita o impulso polo antropomorfismo, que está ben documentado como un dos disparadores máis potentes para a empatía humana. Para entender realmente os animais e as cuestións que lles afectan temos que empatizar con eles como concidadáns do mesmo planeta.

VISITAS GUIADAS para familias

Apúntate xa ás nosas novas visitas guiadas gratuítas para público familiar!

21 MAR | 19.00 h

26 MAR (Semana Santa) | 18.00 h

4, 11, 18 ABR | 19.00 h

25 ABR | 17.30 e 19.00 h

INSCRICIÓNS AQUÍ

Máis

Hora

Febreiro 9 (Venres) 17:30 - Abril 27 (Sábado) 20:30(GMT+01:00)